TOPONIMIA DO CONCELLO DE SILLEDA Parroquias e aldeas por Laura Fernández Suárez Beatriz González Fernández (Curso 2011-12) A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda, de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17) SILLEDA 1.- ABADES 1. Abades (Santa María) Do xenitivo de abbas, abbatis. Palabra de orixe hebrea, co significado de ‘pai’, usada especialmente nos mosteiros onde houbo abades. 1. Abades (Santa María) Lugares de Abades: • Bazar: o topónimo procede dun propietario dese lugar que se chamou Bazarius (figura nun documento de Lugo do 922). • Campomarzo: parece tradución do latín campus martius ‘campo marcial, guerreiro’; pero o aparente adxectivo aquí sería máis ben o nome persoal Martius, en aposición con campus, indicando o propietario daquel campo. 1. Abades (Santa María) Lugares de Abades: • • Covas: débese relacionar co latín vulgar cova ‘oco, burato, enterramento’, topónimo frecuente en Galicia a carón dos castros. Reboreda: ten o sufixo de abundancia -eta > -eda, que aquí estaba vencellado con robur ‘carballo’ 2.- ANSEMIL 2. Ansemil (San Pedro) Aquí houbo un pequeno mosteiro de monxas bieitas, pero Ansemil foi o nome persoal visigótico dun posuidor da (villa) (Ansemiri). 2. Ansemil (San Pedro) Lugares de Ansemil: • Manduas: foi un diminutivo suévico Mandolas no século VI. No Parrochiale Suevum e nunha moeda daquel tempo figura o topónimo Mandolas. 3.- BREIXA 3. Breixa (Santiago) O nome desta parroquia aparece coa forma Verasia en 946. Sería unha (Villa) Verasia propia dun Verasius, nome persoal, o mesmo ca Villa Aemilia dos romanos era a vila de Emilio. 3. Breixa (Santiago) Lugares de Breixa: • Breixiña: é o diminutivo de Breixa. • O Castro: traduce a castrum, nome de fortaleza prerromana e quizais tamén préstamo dunha palabra anterior á latina. Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega. • 3. Breixa (Santiago) Lugares de Breixa: • Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado. A Pena: é unha voz primitiva, quizais da familia de pinna ‘amea’. No latín medieval escriben penna. • 4.- CARBOEIRO 4. Carboeiro (Santa María) O famoso mosteiro de Sanctus Laurentius de Carbonario é o que nos proporciona a etimoloxía do topónimo, aínda que non di se foi simplemente sitio de carbo -onis ‘carbón’ ou nome de oficio, carbonarius ‘fabricante ou vendedor de carbón’. 4. Carboeiro (Santa María) Lugares de Carboeiro: • Carboeiriño: sería un núcleo de poboación moi pequeno e é diminutivo de Carboeiro. Carboeiro de Francia: parece a primeira vista unha expresión en relación co país dos Francos; pero a razón histórica deste nome de Francia débena dar os historiadores, a non ser que se confundise con franzas ‘as pólas máis altas e miúdas das árbores, leña miúda’. De etimoloxía discutida. • 5.- O CASTRO 5. O Castro (San Mamede) Traduce a castrum, nome de fortaleza prerromana e quizais tamén préstamo dunha palabra anterior á latina. 5. O Castro (San Mamede) Lugares de O Castro: • Agriño: parece levar o sufixo -inu > -iño, que o faría diminutivo de ager ‘agro’. Pero foi máis ben o nome persoal Agrinius o que orixinou o topónimo. • O Coto: é unha palabra de orixe prerromana, partindo de *cotto ‘pico elevado’. • Lázara: probablemente é adxectivación dunha Villa Lazara, é decir, a vila dun propietario denominado Lazarus. 5. O Castro (San Mamede) Lugares de O Castro: • • • Outeiriño: é diminutivo de outeiro. É unha evolución de altarium ou auctarium, palabra usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado. Tellado: aludiría a aedificium tegulatum ou ao terreo onde abundarían restos de antigas tegulas ‘tellas’ Vilavella: traduce a villa vetula, onde o adxectivo latino era diminutivo de vetus -eris, o cal perdurou en topónimos como “Ponte-vedra”. 6.- CERVAÑA 6. Cervaña (San Salvador) Nome orixinado en cervus, animal, e tamén nome persoal. Unha (Villa) Cervanea/ania, co sufixo de pertenza -anea/ania = -ana, indicaría que o dono chamaríase Cervus. 6. Cervaña (San Salvador) Lugares de Cervaña: • Alfonsiños: trátase de Alfonsinus, nome persoal e diminutivo de Adefonsus/Alfonsus. Ouzande: manifesta ser evolución dun nome persoal en xenitivo do posuidor desta vila, pero non está claro cal foi. • 6. Cervaña (San Salvador) Lugares de Cervaña: • Reguenga: alude sen dúbida a unha vila ou herdade regalenga ‘rexia, do rei’. Requeixo: dúas perspectivas: 1) Como sitio ao pé dunha montaña, posiblemente procedería de recassum, participio de recidere ‘recaer’. 2) Como sinónimo de recanto, podería vir de recassum, participio de recedere ‘retirarse’. • 7.- CIRA 7. Cira (Santa Baia) O nome parroquial manifesta semellanzas co persoal grego Cyra e Cyrus, de modo que pordería tratarse dunha Villa Cyra; pero tamén leron Cira nun epígrafe hispano, Ciro na Galia e Cirus na Xermania. En 1121 construíuse o castelo de Cira, como se relata na “Historia Compostellana”. 7. Cira (Santa Baia) Lugares de Cira: • Altamira: parece un orónimo, é decir, un sitio dende o cal se ‘admira’ e se ‘mira’ un amplo panorama. Máis probable parece que fose a vila posuída por Altemirus/Altamiro. • A Braña: ten unha orixe moi discutida polos especialistas. Uns derivan braña do latín veranea ‘pastos de verán’; outros parten do latín vorago -inis ‘sumideiro, sitio quebrado’; Corominas exclúe ambas interpretacións, propoñendo a orixe nunha voz prerromana *brakna. 7. Cira (Santa Baia) Lugares de Cira: • • • A Cruz: traduce o latín crux, aludindo quizais a unha encrucillada de camiños. Cursa: é o plural do latín currale ‘curral’, sitio cercado onde se encerran as reses e os carros, a carón das casas. Curro: voz relacionada co latín currus ‘carro’ e currere ‘correr’, foi a que orixinou curral. 7. Cira (Santa Baia) Lugares de Cira: • • Fucarelos: parece un diminutivo de fúcar/fúcaro ‘home moi rico’, nome común e tamén propio derivado da familia Fugger, famosos banqueiros alemáns dos séculos XIV-XVI. Pero en 1867 no Nomenclátor de España escriben Jucarelos, castelanizando o Xucarelos. E nesta hipótese, poderiamos pensar no diminutivo dun antropónimo celta Su-carus ‘benquerido’ co cambio do S inicial por X, como en sapone ‘xabón’, sulphure ‘xofre’, surdus ‘xordo’, etc. Rendo: aseméllase a ‘arrendo’ e a ‘renda’, derivados do verbo reddere > *rendere no latín vulgar. 7. Cira (Santa Baia) Lugares de Cira: • Santa Baia: é un haxiotopónimo popular, variante de Santalla, Santoalla, que equivalen a Sancta Eulalia, nome grego da ‘ben falada’, a patrona da parroquia. Sobrado: alude a un (aedificium) superatum, é decir, unha vivenda de polo menos dúas plantas, que supera ás demais. • 7. Cira (Santa Baia) Lugares de Cira: • Vilacalva: podería referirse a unha vila edificada nun terreo “calvo”, é decir, sen vexetación; pero outra hipótese quizais máis verosímil sería ver en calva unha adxectivación do que inicialmente sería a vila dun posuidor chamado Calvus. • Vilar: traduce como substantivo o que en latín foi adxectivo villaris-are, aludindo ao recanto dunha vila. 8.- CORTEGADA 8. Cortegada (Santa María) Correspóndese co nome Corticata, que Plinio lle daba a unha illa no Atlántico galego. É probable que tal nome estivese relacionado orixinariamente co adxectivo corticatus-a-um, derivado de cortex-icis ‘cortiza’ (parte exterior dalgunhas árbores, como é a sobreira). Pero, secadra, tamén entraría en conta o latín vulgar cors-cortis ‘corte’, clásico cohorscohortis, co significado de curral, derivado de hortus ‘horto, recinto’. 8. Cortegada (Santa María) Lugares de Cortegada: • • • • Barral: parece sinónimo de barreiro, sitio no que abunda o barro, voz de orixe prerromana. A Brea: traduce o baixo latín vereda ‘camiño vello estreito’. Camporrapado: equivale a campo raso, dado que se compón do latín campus ‘chao amplo sen cultivar’, que aquí foi adxectivo co participio “rapado”, quizais formado vulgarmente de rapio-rapere-raptum, ‘arrebatar’. Cardigonde: parece un rotacismo de cas-, apócope de casa, co nome visigótico do seu propietario, Guntus/Gundus. 8. Cortegada (Santa María) Lugares de Cortegada: • • • Cortegadela: leva o sufixo -ella do latín vulgar, facendo diminutivo de Cortegada. Covas: débese relacionar co latín vulgar cova ‘oco, burato, enterramento’ topónimo frecuente en Galicia a carón dos castros. Fondo de Vila: é a descrición topográfica da parte dunha vila, situada no fundus ‘fondo’ ou parte baixa dun terreo en pendente. 8. Cortegada (Santa María) Lugares de Cortegada: • • • • Framiñán: é probable que a súa orixe estivese no antropónimo latino Flaminianus, derivado de Flaminius. Regalade: corresponde ao xenitivo dun antropónimo, de posible orixe xermánica con base en gala. Segade: provén do xenitivo de Sagatus, nome persoal gótico. Xubín: foi xenitivo de Iovinus, antropónimo hipocorístico latino, derivado de Iovius/Iobius e relacionado co deus Iuppiter. 9.- CHAPA 9. Chapa (San Cibrao) A palabra chapa en castelán podería proceder dunha base *klappa, coma clapa en catalán e clap ‘rocha, penasco’ no retorrománico. Tal vez teña a mesma orixe o topónimo Chapa, que indica a parroquia e unha aldea da mesma. 9. Chapa (San Cibrao) Lugares de Chapa: • • • • Cornado: era o nome común dunha antiga moeda, que se chamaba así porque tiña gravada unha corona ‘coroa’ no envés. Cornado podería vir do persoal Coronatus. A Cruz: traduce o latín crux, aludindo quizais a unha encrucillada de camiños. Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega. Penido: equivale a penedo, dado que leva o sufixo -ido, agregado a pena, sufixo que alterna con -edo noutros topónimos. 10.- DORNELAS 10. Dornelas (San Martiño) Este topónimo é un diminutivo de dorna, que en portugués é unha cuba onde se esmaga a uva e unha arqueta para levala ao lagar. En galego chámase así unha barquiña. O topónimo Dornelas podería aludir a arquetas funerarias prerromanas. 10. Dornelas (San Martiño) Lugares de Dornelas: • Bascuas: parece o patronímico de Velascus/Vascus. Portiño: é un diminutivo de portus ‘porto, paso dun río ou dunha montaña’ • 11.- ESCUADRO 11. Escuadro (San Salvador) A denominación de Escuadro, máis ca indicar un terreo de forma rectangular, podería quizais proceder de ex quadro e aludir a unha participación. 11. Escuadro (San Salvador) Lugares de Escuadro: • Balántiga: o sufixo átono -ica > iga, usado no latín vulgar, engadido aquí a un nome persoal que sería Ballantius formado sobre ballans, -antis ‘danzante’, participio do verbo ballare ‘bailar’, enraizado no grego pállein ‘saltar’. • Barreiro: foi barrarius-a-um no baixo latín, indicando un sitio onde abundaría o barro ou un oficio de quen traballaba no barro. • Bustelo: é un diminutivo do baixo latín bustum ‘pasteiro ou estábulo de bois’. 11. Escuadro (San Salvador) Lugares de Escuadro: • • • Cascaxide: traduce a Casa Kagiti, onde Kagitus foi nome persoal visigótico. Cima de Vila: é un sintagma composto da voz greco-latina cyma ‘cume’ e villa ‘vila’. Cumbraos: parece un étnico Conimbrianus, natural de Coímbra, antigo nome bitemático Conim-briga de orixe celta. 11. Escuadro (San Salvador) Lugares de Escuadro: • • • Férveda: debe proceder do latín fervida, adxectivo derivado de fervere ‘ferver’, que se converteu en nome persoal Fervida, quizais aludindo ao temperamento fogoso e apaixoado dunha muller; aínda que tamén puido ser unha (Villa) Fervida, é decir, vila ou herdade propia dun Fervidus. Dáse ademais no lugar a coincidencia xeolóxica dunha fervenza ‘cachón, catarata’ Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado. Paredes: provén do plural de paries -etis ‘parede, muro’. Adóitase usar este topónimo para antigas construcións derruídas. Lugares de Escuadro: • 11. Escuadro (San Salvador) • • • A Penadauga: conxunta a voz penna: voz primitiva, quizais da familia de pinna ‘amea’; con aqua ‘agua’, quizais referíndose a unha pena con coviñas que albergan auga. Porto Vello: foi un portus vetulus/veclus. Rañadoiro: débese vencellar con raña, voz de orixe prerromana, indicando que podería ser un terreo corroído polas augas e pola erosión. Sar: parece homónimo do río Sar. Pero, secadra, poderíase relacionar co xentilicio Sares ou Sarius. 11. Escuadro (San Salvador) Lugares de Escuadro: • • • • • Senra: procede dunha voz prerromana, probablemente céltica, *sénera, equivalente a senara ‘seara’, terra de sementeira reservada ao señor, que debía ser cultivada polos vasalos. Sestelo: parece diminutivo do persoal Sextus, co sufixo -ellus do latín vulgar, diverxente de Sextullus e de Sextillus. Soldecasa: forma latina, co nome persoal Soldus en xenitivo, que sería o propietario dunha casa, Soldi casa ‘casa de Soldo’, sendo Soldus unha abreviación de solidus, coma caldus é síncopa de calidus. Espiniños: diminutivo de spinus ‘espiño’, foi tamén nome persoal Spinus. Ribas: é plural derivado de ripa ‘ribeira, ribazo’. Lugares de Escuadro: • 11. Escuadro (San Salvador) • • • A Somoza: procedería do latín summa > ‘soma’ co sufixo -ucea, indicando a parte máis alta de algo. Sueiro: corresponde ao persoal Sueris, variante de Suarius ‘rancheiro’. Torrón: aínda que se usa, ténse agora por alteración incorrecta de terrón, derivado de terra; pero pode entrar en conta tamén o antropónimo primitivo Turronius. Vilar: traduce como substantivo o que en latín foi adxectivo villaris-are, aludindo ao recanto dunha vila. 12.- FIESTRAS 12. Fiestras (San Martiño) Un plural do latín fenestra ‘fiestra, ventá’, poderíase ver na orixe deste topónimo parroquial e dun lugar da freguesía. Pero máis probable e que Fiestras fose patronímico do persoal Fenestra. 12. Fiestras (San Martiño) Lugares de Fiestras: • • • • Aragonza: corresponde ao visigótico Aragundia. Barcia: perpetúa a voz Várzena medieval, que é moito máis antiga, posto que parece de orixe celta, *barcina ‘campo que se inunda e cultiva’. Costoia: traduce a custodia ‘garda, conservación, prisión’. Maril: probablemente ten orixe no nome persoal *Marillus, diminutivo de Marius, dado que consta o feminino Marilla. Sería a vila daquel posuidor primitivo. 12. Fiestras (San Martiño) Lugares de Fiestras: • • • • Merín: responde ao xenitivo do antropónimo Merinus. Recimil: tamén foi xenitivo do nome persoal visigótico e bitemático Rece-mirus. Samartiño: é unha haploloxía de Sanctus Martinus, o de Tours (s. IV) ou o de Dumio en Braga (s. VI), que tiñan nome teofórico, derivado de Mars ‘Marte’. San Antonio: foi Sanctus Anthonius, nome greco-latino derivado de anthos ‘flor’, coma antoloxía ‘florilexio’. 13.- GRAVA 13. Grava (Santa Mariña) A etimoloxía do nome poderíase buscar nunha voz medieval de orixe céltica da que provén grava en castelán e galego co significado de area grosa, pedra miúda, coa que se afirman os camiños. Pero tamén puido coincidir co persoal Glabra ‘calvo’. 13. Grava (Santa Mariña) Lugares de Grava: • • • • Arcos: aínda que parece un plural do apelativo latino arcus ‘arco’, podería ser nome pre-latino. Barreiro: foi barrarius-a-um no baixo latín, indicando un sitio onde abundaría o barro ou un oficio de quen traballaba no barro. Eirexe: concorda co xenitivo ecclesiae (locus) ‘lugar da igrexa’. Ervixe: prolonga na evolución o xenitivo do antropónimo visigótico Ervigius. 13. Grava (Santa Mariña) Lugares de Grava: • • • • Fontao: traduce o latín fontanus, a, um, adxectivo referido a fons ‘fonte’, que se converteu no cognomen persoal Fontanus. Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado. Pedrouzo: contén o sufixo -uceus, vencellado a petra, indicando que se trata dunha pena de gran dimensión. Penalta: débese descompoñer en penna alta. • Peniza: alude a pennas ‘penas’, co sufixo -icea/icia, denotando materia en abundancia. 13. Grava (Santa Mariña) Lugares de Grava: • • • Santa Mariña: foi unha mártir reivindicada pola Igrexa de Ourense, que levaba o nome Marina, derivando de mare ‘mar’, coma o masculino Marinus O Souto: foi saltus en latín, que significou ‘salto, desfiladerio, pasteiro con bosque’. Saltus foi tamén nome persoal. Vilar: traduce como substantivo o que en latín foi adxectivo villaris-are, aludindo ao recanto dunha vila. 14.- LAMELA 14. Lamela (San Miguel) No latín vulgar foi lamella, diminutivo de lama, topónimo moi común no NO hispánico, de orixe probablemente prelatina. 14. Lamela (San Miguel) Lugares de Lamela: • • • • Barravaite: parece composto de barra ‘banco de area que se forma na desembocadura dun río’, e dun nome persoal como Baitus presbiter. A Brea: traduce o baixo latín vereda ‘camiño vello estreito’. A Casela: co sufixo do latín vulgar -ella, vólvese diminutivo de casa. A Codeseira: fai referencia á planta cutisus no latín vulgar ‘codeso’, equivalente a cytisus, voz greco-latina. 14. Lamela (San Miguel) Lugares de Lamela: • A Goleta: sería palabra árabe co significado de ‘boca de río’ ou derivada de gula ‘gola, garganta’. Gorís: parece proceder do antropónimo visigótico *Golaricus ou Goiaricus. Peroxa: puido ser unha (Villa) Perusia, é dicir, unha vila propia de Perusius, nome persoal. • • 14. Lamela (San Miguel) Lugares de Lamela: • Santa Cristina: foi Sancta Christina, mártir de Tiro na persecución de Diocleciano, con nome greco-latino derivado de Christus. O Souto: de saltus en latín, que significou ‘salto, desfiladerio, pasteiro con bosque’. Saltus foi tamén nome persoal. Vilariño: é diminutivo románico do latín villaris -are, adxectivo que se substantivou en Vilar, que é unha pequena vila. • • 15.- LARO 15. Laro (San Salvador) Laro puido ser o persoal e primitivo Larus, que levaba o apelido de Cantaber ‘cántabro’ no poema de Silio Itálico e reaparece o seu xenitivo Lari na epigrafía hispana. 15. Laro (San Salvador) Lugares de Laro: • • • Forcas: traduce a furca en acusativo de plural, referíndose posiblemente a unha bifurcación de camiños, máis có suplicio da forca. Freixeiro: co sufixo -arius > -eiro indica o sitio dun colectivo de fraxinus ‘freixo’ Galán: ou foi un alcume persoal orixinado no xermánico *wallan ou o nome visigótico Gella -anis, con referencia ao posuidor daquela vila. 15. Laro (San Salvador) Lugares de Laro: • A Pereira: alude á árbore que ten a súa raíz etimolóxica no latín neutro pirum, plural pira ‘pera’. O Pereiro: alude á árbore que ten a súa raíz etimolóxica no latín neutro pirum, plural pira ‘pera’. Riobó: procede do latín rivus/rius bonus ‘río bo’. • • 15. Laro (San Salvador) Lugares de Laro: • • • Samartiño: é unha haploloxía de Sanctus Martinus, o de Tours (s. IV) ou o de Dumio en Braga (s. VI), que tiñan nome teofórico, derivado de Mars ‘Marte’. Sante: reflexa o xenitivo do antropónimo Sanctius, que orixinou o persoal Sancho; a forma plena foi Villa Sancti, que quedou fosilizada no topónimo Vilasante. O Souto: foi saltus en latín, que significou ‘salto, desfiladerio, pasteiro con bosque’. Saltus foi tamén nome persoal. 16.- MANDUAS 16. Manduas (San Tirso) Manduas foi un diminutivo suévico Mandolas no século VI. 16. Manduas (San Tirso) Lugares de Manduas: • • • • Andamollo: aparenta un topónimo bitemático, pero de difícil atribución. A Bandeira: parece un derivado de banda, feminino do gótico bandwo ‘signo, estandarte’. Bravil: aseméllase algo a bravío, relacionado con barbarus; pero puido ser metátese do persoal Barbillus, en xenitivo. O Castro: traduce a castrum, nome de fortaleza prerromana e quizais tamén préstamo dunha palabra anterior á latina. 16. Manduas (San Tirso) Lugares de Manduas: • • • • Crestelle: foi un antropónimo co sufixo diminutivo -ellus do latín vulgar, derivado do greco-latino Crestus/Chrestus ‘servidor, bo, virtuoso’. Devesa: procede do latín defensa, referida a un terreo protexido por unha cerca, como unha chousa. Ferrozos: debeu ser o nome persoal Ferruzus, da familia de Ferrus, baseados no latín ferrum ‘ferro’. Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega. 16. Manduas (San Tirso) Lugares de Manduas: • • • • Letros: poderíase relacionar co celta letron ‘pel, coiro’ ou co greco-latino lectrum ‘cama, faldistorio’. Lourás: pódese vencellar cos nomes persoais Laurius, Laurianus, Laurea. Medelo: aseméllase ao cognomen persoal latino Metellus, derivado de meta ‘meda’ co sufixo -ellus. A Moa: traduce o latín mola con perda do -l- intervocálico. 16. Manduas (San Tirso) Lugares de Manduas: • • • Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado. Quintela: é o diminutivo latino de quintella, formado sobre quinta. Puido ser unha (Villa) Quintella, propia de Quintellus. Vilaverde: sería unha Villa Virdii ou Viridii, a vila do propietario Virdius/Viridius. 17.- MARGARIDE 17. Margaride (San Fiz) Topónimo que se orixinou en Margaritus, un “signum” procedente da voz grega margarites ‘perla’. 17. Margaride (San Fiz) Lugares de Margaride: • • • • Costela: alude a unha pequena costa ‘ladeira’, voz latina co sufixo diminutivo ella. Gamil: foi nome persoal, quizais o gótico Walamirus ou o romano Gamillus, de orixe celta? San Fiz: o patrón parroquial, foi S. Félix. Vilanova: traduce a villa nova. 18.- MARTIXE 18. Martixe (San Cristovo) Martixe é evocador dun xenitivo do primeiro posuidor daquela villa primitiva, o cal chamaríase Martidius. 18. Martixe (San Cristovo) Lugares de Martixe: • A Moa: traduce o latín mola con perda do -l- intervocálico. • Paradela: é un diminutivo de Parada que alude a unha parata, onde os viandantes antigos facían un alto no camiño, parándose e preparándose para novas andaduras. 19.- MOALDE 19. Moalde (San Mamede) A orixe lingüística de Moalde atópase no xenitivo do antropónimo visigótico Manualdus ou dun suposto *Mod(u)aldus. 19. Moalde (San Mamede) Lugares de Moalde: • • • • Cabana: traduce a voz hispanolatina capanna, a cal foi probablemente céltica. Casamaría: une o apelativo casa co nome persoal María, de orixe bíblica oriental. Costela: alude a unha pequena costa ‘ladeira’, voz latina co sufixo diminutivo -ella. Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega. 19. Moalde (San Mamede) Lugares de Moalde: • Lis: evoca espontaneamente a heráldica flor de lis, tomada do francés, e orixinada no latín lilium ‘lirio’. Pero Lis podería proceder directamente de Lissus, Lisius/Lissius ou ser unha variante do topónimo lucense Liz, patronímico de Licius. A Meda: cadra ben co latín meta, montón cónico de cereais ou de terra, equivalente a unha mámoa prehistórica. • 19. Moalde (San Mamede) Lugares de Moalde: • Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado. • A Portela: é un diminutivo de portus/porta, paso dun río ou dunha montaña. • Quinteiro: sería quintanarius, referido quizá ao arrendatario dunha quintana, é dicir, dunha herdade pertencente a Quintanus ou da quinta propia dun señor, ao cal debíalle pagar o vasalo a quinta parte dos froitos dunha terra. 19. Moalde (San Mamede) Lugares de Moalde: • • • Rabo de Gato: a súa etimoloxía estaría no latín rapum ‘nabo/rabo’ e cattus ‘gato’. Ribas: é plural derivado de ripa ‘ribeira, ribazo’. Xindiriz: provén do nome persoal visigótico Sindericus, con base no gótico sinths- ‘forte’ e reiks ‘señor’. 20.- NEGREIROS 20. Negreiros (San Martiño) O nome desta parroquia procede do latín serodio *nigrarius, adxectivo formado sobre niger-nigranigrum ‘negro’, convertido posiblemente en antropónimo, pero co significado primitivo pouco coñecido. 20. Negreiros (San Martiño) Lugares de Negreiros: • O Campo: traduce a campus, chao amplo sen cultivar. • O Couto: tamén traduce a cautum, participio do verbo caveo ‘precaver, protexer’, porque se trataba dun terreo acotado por un señor, por un mosteiro, etc. • Negreiriños: é diminutivo de Negreiros. • Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabra usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado. 20. Negreiros (San Martiño) Lugares de Negreiros: • Ponte de Pedra: contén un sintagma descritivo dunha pons ‘ponte’, construída con petra ‘pedra’ sobre un río. Ribeirao: parece un adxectivo riparianus, formado sobre riparius-a-um e ripa ‘ribeira’. • • Riobó: procede do latín rivus/rius bonus ‘río bo’. 20. Negreiros (San Martiño) Lugares de Negreiros: • Riocalvo: vencella o adxectivo latino calvus, convertido en nome persoal co apelativo rivus/rius ‘río’. Sachocos: parece diminutivo despectivo do persoal Sarculo ‘sacho’, diverso do castelán sancocho ‘medio cocido’ e de sacocha ‘faldriqueira’. Samartiño: é unha haploloxía de Sanctus Martinus, o de Tours (s. IV) ou o de Dumio en Braga (s. VI), que tiñan nome teofórico, derivado de Mars ‘Marte’. • • 21.- OLEIROS 21. Oleiros (San Miguel) En inscricións constan ollarium ‘nicho de cripta funeraria’ e ollarius, referido a urnas sepulcrais que perdurarían quizá en Oleyros. Oleiros eran tamén os fabricantes ou vendedores de ollas ‘olas’, taños de barro para usar os vivos ou para urnas cinerarias dos mortos, coma as que se atopan nas mámoas. 21. Oleiros (San Miguel) Lugares de Oleiros: • • Laxe: provén de lagena ‘pedra plana de pouco grosor’, palabra usada no baixo latín, quizá de orixe prerromana. Marza: pode estar referida a unha Villa Martia, é dicir, propiedade dun Martius. Tamén puido ser Villa Marcia, propia de Marcius, xentilicio con base en Marcus. 21. Oleiros (San Miguel) Lugares de Oleiros: • • • Pazos: parece plural de palatium ‘pazo’ e pode ser que fose unha simple tradución de *palatios. Pena do Camiño: sería coma un fito ou marco constituído por unha pinna/penna ‘pena, seixo, rocha’, ubicada á beira dun camminus ‘camiño’. Vilanova: traduce a villa nova. 22.- PARADA 22. Parada (San Tomé) Alude a unha parata, onde os viandantes antigos facían un alto no camiño, parándose e preparándose para novas andaduras. 22. Parada (San Tomé) Lugares de Parada: • • • • Barro: é voz prerromana descritiva da calidade dun terreo. Non obstante, quizais haberá que ter en conta o persoal Barrus. O Cruceiro: deriva de crux ‘cruz’. Eirexe: é forma galega lexítima, non castelanizada como Iglesia. Freixeiro: co sufixo -arius > -eiro indica o sitio dun colectivo de fraxinus ‘freixo’. 22. Parada (San Tomé) Lugares de Parada: • • • Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado. O Pereiro: alude á árbore que ten a súa raíz etimolóxica no latín neutro pirum, plural pira ‘pera’. Portodovalde: parece composto de portus ‘porto’, vencellado quizais co determinante persoal Waldus ou Walda ou co apelativo balde ‘cubo’, de orixe incerta. 22. Parada (San Tomé) Lugares de Parada: • • • Redemuíños: variante popular de “remuíños”, alude a torbeliños das augas removidas coma o rodicio do molinum ‘muíño’ ou movemento xiratorio e rápido do vento. Soutonogueira: correspóndese con saltus ‘souto’: foi saltus en latín, que significou ‘salto, desfiladerio, pasteiro con bosque’. Saltus foi tamén nome persoal. Determinado aquí por un colectivo nucaria ‘nogueira’, árbore que dá como froita a nux ‘noz’. Veiga: sería unha voz de orixe prerromana *vaika ou baika ‘terreo húmido’. 23.- PAZOS 23. Pazos (San Martiño) Parece plural de palatium ‘pazo’ e pode ser que fose unha simple tradución de *palatios. 23. Pazos (San Martiño) Lugares de Pazos: • Quintás: traduce probablemente a (terras) quintanas, é dicir, fincas dun señor, chamado tal vez Quintanus, ou ao que os rendeiros debían pagar a quinta parte dos froitos. 24.- PIÑEIRO 24. Piñeiro (San Xillao) Un fitónimo derivado de pinus ou o xentilicio Pinarius foi o que se converteu aquí en topónimo parroquial. 24. Piñeiro (San Xillao) Lugares de Piñeiro: • • • Basteiros: quizais podería ser variante de besteiros, é dicir, balistarios, coma “ballesteros” en castelán, ou terreos con herba besteira ‘heléboro, planta ranunculácea fétida’, ou “bastoeiros”. Os Campos: traduce a campus, chao amplo sen cultivar. Castrocastriño: parece un duplicado de castrum e do seu diminutivo; pero foi o castro do xentilicio Castrinius, é dicir, o castro posuído por un xefe con nome derivado de Castrius, tamén xentilicio. 24. Piñeiro (San Xillao) Lugares de Piñeiro: • • Castromonde: é un derivado de Castrum Mondii, castro posuído por un home chamado Mondius, Mundius ou Mundus. Cuíña: puido proceder do latín colina/culina ‘cociña, fogar portátil, [fig.], mesa, sitio dos banquetes funerarios, tumba dos pobres, latrina. Tamén se podería ver acouchado en Cuíña o nome persoal Culina e ulinus. 24. Piñeiro (San Xillao) Lugares de Piñeiro: • • Porta-Piñeiro: componse de portus/porta determinado aquí polo nome parroquial. Santifoga: parece composto do xenitivo nominal Sancti. Sante: reflexa o xenitivo do antropónimo Sanctius, que orixinou o persoal Sancho; a forma plena do Villa Sancti, que quedou fosilizada no topónimo Vilasante. Sería determinativo aquí de foca, plural de focum ‘fogo, fogar’. 25.- PONTE 25. Ponte (San Miguel) O nome alude evidentemente a pons ‘ponte’. 25. Ponte (San Miguel) Lugares de Ponte: • • • • Aldea de Abaixo: combina o nome árabe al-daia co adxectivo topográfico bassus ‘baixo’. Carderrei: ofrécenos un rotacismo de casa, determinada polo cognomen persoal Rex, tomado de rex, regis ‘rei’, sen que sexa necesario supoñer que fose un monarca histórico. Meixomence: parece un apelido *Maxuminici, que sería o patronímico de Maxuminus, diminutivo de Maxumus/Maximus. Rosende: corresponde ao xenitivo de Rodesindus, antropónimo visigótico. 25. Ponte (San Miguel) Lugares de Ponte: • • Sino: parece que traduce a signum, probablemente sinónimo aquí de campá da igrexa, usado neste senso en documentos notariais da Idade Media. Trasfontao: é o topónimo fontanum, Fontao: traduce o latín fontanus-a-um, adxectivo referido a fons ‘fonte’, que se converteu no cognomen persoal Fontanus. Precedido aquí da preposición trans ‘tras, máis alá de’. 26.- REFOXOS 26. Refoxos (San Paio) Refoxos parece un plural de refugium “refojo, recôncavo de terreno; gruta ou caverna onde se escoitam feras”. Poderíase vencellar tamén con foveum ‘foxo’, coma o castelán “Rehoyo” ou co verbo latino refodio ‘cavar’. 26. Refoxos (San Paio) Lugares de Refoxos: • Cardesín: pódese comparar con Sino: parece que traduce a signum, probablemente sinónimo aquí de campá da igrexa, usado neste senso en documentos notariais da Idade Media. Pero tamén con Carderrei: ofrécenos un rotacismo de casa, determinada polo cognomen persoal Rex, tomado de rex, regis ‘rei’, sen que sexa necesario supoñer que fose un monarca histórico. Ou Cardigonde: parece un rotacismo de cas-, apócope de casa, co nome visigótico do seu propietario, Guntus/Gundus. 26. Refoxos (San Paio) Lugares de Refoxos: • • Corrospedriños: leva como segundo elemento o adxectivo petrinus, derivado de petra ‘pedra’, calificando a corros, variante de curros, indicando aquí tal vez ‘cercados de pedra’. Pero tamén houbo o cognomen latino Petrinus. O Couto: tamén traduce a cautum, participio do verbo caveo ‘precaver, protexer’, porque se trataba dun terreo acotado por un señor, por un mosteiro, etc. 26. Refoxos (San Paio) Lugares de Refoxos: • Lázara: probablemente é adxectivación dunha Villa Lazara, é dicir, a vila dun propietario denominado Lazarus. Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado. Pallota: parece afín a palloza, vivenda cuberta de palla, ambos derivados de palea ‘palla’, con sufixos diferentes. • • 26. Refoxos (San Paio) Lugares de Refoxos: • • Tixoa: semella ser un diminutivo *tegiola, co sufixo do latín vulgar serodio -ola, probablemente baseado en tegere ‘cubrir’, coma tegula. Xastres: sería plural do apelativo latino de oficio, sartor, -oris ‘xastre’, equivalente en significado ao árabe alfaiate. 27.- RELLAS 27. Rellas (San Martiño) Rellas sería un patronímico do antropónimo latino Regula. 27. Rellas (San Martiño) Lugares de Rellas: • • • Curbeira: pode ser derivado de corvus, sitio de corvos, máis ben ca de curvas. Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega. A Lama: topónimo moi común no hispánico, de orixe probablemente prelatina. 27. Rellas (San Martiño) Lugares de Rellas: • A Torrevedra: procede de turris vetera ‘torre vella’. Vis: sería patronímico, quizais orixinado no antropónimo Visius, Visus ou Vicius. • 28.- SAÍDRES 28. Saídres (San Xoán) O nome de Saídres parece un patronímico, tal como aparece en documentos medievais 28. Saídres (San Xoán) Lugares de Saídres: • • • • Aldea Grande: une a voz árabe al-daia co adxectivo latino grandis ‘grande’. Barradaos: parece que equivale a Bardaos, topónimo lucense, escrito Barretanos, o cal posiblemente sería un étnico relacionado con Barredo, con base en ‘barro’. A Cañoteira: implica colectividade de cañotos, palabra mozárabe cannut, derivada dunha forma hispánica *cannutus, semellante a unha canna ‘cana’. Carracido: é variante de Carracedo, sitio abundante en carrizos, do latín carex -icis. 28. Saídres (San Xoán) Lugares de Saídres: • • Casardoño: pode ser casa ou casale Hordonius, nome do posesor. Caxeba: parece constar do apelativo casa e dun nome persoal, comparable quizais co topónimo Casebio (Casa de Eusebio) ou tal vez (Casa) Sevia. 28. Saídres (San Xoán) Lugares de Saídres: • • • • Maragouzos: se cadra, podería ser un antropónimo bitemático primitivo *Mara-gautius ou visigótico. Aseméllase tamén a maragouto, molgueira, feixe ou mollo de trigo ou centeo na seitura cos que se fai a meda. Moimenta: traduce a monimenta, palabra usada na epigrafía galaicoasturiana para indicar ‘monumentos’ funerarios. Pedralaxe: componse de petra ‘pedra’, indicando con lagena ‘laxe’ a forma lisa, plana, de pouco grosor, como é a pedra pizarrosa. A Pena: é unha voz primitiva, quizais da familia de pinna ‘amea’. No latín medieval escriben penna. 29.- SIADOR 29. Siador (San Miguel) O nome da parroquia venlle dado polo dunha aldea da mesma, que foi posuída inicialmente por un home chamado Senator oris. 29. Siador (San Miguel) Lugares de Siador: • • • Barcia: perpetúa a voz Várzena medieval, que é moito máis antiga, posto que parece de orixe celta, *barcina ‘campo que se inunda e cultiva’. Barro: é voz prerromana descritiva da calidade dun terreo. Non obstante, quizais haberá que ter en conta o persoal Barrus. Cartimil: foi o antropónimo visigótico Cartemirus. 29. Siador (San Miguel) Lugares de Siador: • • • Cóscaros: poderíase vencellar quizais co latín cusculium ‘bugallo producido polo quermes no carballo’. Costoia: traduce a custodia ‘garda, conservación, prisión’. Currelo: é diminutivo de curro. Curro: voz relacionada co latín currus ‘carro’ e currere ‘correr’, foi a que orixinou curral. 29. Siador (San Miguel) Lugares de Siador: • • Marco: puido sinalar os límites dun terreo, e neste senso tería orixe xermánica; pero tamén pode reducirse ao nome persoal Marcus que sería o do posuidor de tal lugar. Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado. 29. Siador (San Miguel) Lugares de Siador: • Penadagra: equivale a pena da agra. Pena: é unha voz primitiva, quizais da familia de pinna ‘amea’. No latín medieval escriben penna. Agriño: parece levar o sufixo -inu > -iño, que o faría diminutivo de ager ‘agro’. Pero foi máis ben o nome persoal Agrinius o que orixinou o topónimo. • Sestelo: parece diminutivo do persoal Sextus, co sufixo -ellus do latín vulgar, diverxente de Sextullus e de Sextillus. 30.- SILLEDA 30. Silleda (Santa Eulalia) O nome desta freguesía aparece escrito Exilieta no ano 998 e Selleda en 1395. Inseparable de Silleiro, Sillobre e Sillosa e derivado dun substantivo de sufixo latino -etum/ -eta: *Silieta. 30. Silleda (Santa Eulalia) Lugares de Silleda: • • • Casas do Monte: deriva do latín casa e mons ‘monte’. Costoia: traduce a custodia ‘garda, conservación, prisión’. Fonteboa: equivale a fons bona, dado que o masculino fons converteuse en feminino no latín serodio. 30. Silleda (Santa Eulalia) Lugares de Silleda: • • Foxo: procede do latín serodio fogium/foveum, trampa de feras, consistente nun foso feito na terra e camuflado na superficie, onde se pousaba o cebo para que caese dentro o animal ao comelo. Mera: chámase a néboa espesa e baixa que estraga os cultivos, pero outro debeu ser o significado e orixe deste topónimo e hidrónimo, que se repite en Galicia. Din tamén que mera sería unha voz emparentada co grego méros ‘parte’, cando significa a parte de bens que lle corresponde a cada herdeiro ou a sorte que lle toca a cada veciño nunha partilla comunal. 30. Silleda (Santa Eulalia) Lugares de Silleda: • Mourelos: traduce a Maurellus, diminutivo no latín vulgar do antropónimo Maurus ‘mouro’. Toiriz: procede do persoal visigótico Teodoricus. • 30. Silleda (Santa Eulalia) Lugares de Silleda: • • Toxa: parece da familia de toxo, que ten orixe prerromana. Trasfontao: é o topónimo fontanum, Fontao: traduce o latín fontanus-a-um, adxectivo referido a fons ‘fonte’, que se converteu no cognomen persoal Fontanus. Precedido aquí da preposición trans ‘tras, máis alá de’. 31.- TABOADA 31. Taboada (Santiago) Probablemente o topónimo Taboada procedería de (aedificia) tabulata ‘edificios de táboas’, ou de (terra) tabulata, é dicir, terra medida en cadros: unam tabulam de terra per suos marcos, ou (pons) tabulata ‘ponte de táboas). 31. Taboada (Santiago) Lugares de Taboada: • Carballeda: indica co sufixo eta > -eda abundancia dunha árbore, que se chamaba carbalio en 985, non carbaculum ‘carballo’, derivado do prerromano carba. Carral: deriva de carrus/currus, por ser camiño de carros. • 31. Taboada (Santiago) Lugares de Taboada: • Eirexe: concorda co xenitivo ecclesiae (locus) ‘lugar da igrexa’. Ponte: alude evidentemente a pons ‘ponte’. Reboredo: vencellado con robur ‘carballo’. • • 31. Taboada (Santiago) Lugares de Taboada: • • • Regueiro: sería o plural neutro de *recarium, derivado de *recum ‘rego’, voz quizais pre-latina equivalente a riguus ‘rego’ en latín. Taboadavella: é Taboada co adxectivo vetula ‘vella’. Trasdovalo: vén do latín trans vallum ‘tras do valado ou da muralla’. 32.- VILAR 32. Vilar (San Martiño) Traduce como substantivo o que en latín foi adxectivo villaris -are, aludindo ao recanto dunha vila. 32. Vilar (San Martiño) Lugares de Vilar: • • • Barral: parece sinónimo de barreiro, sitio no que abunda o barro, voz de orixe prerromana. Cabodevila: alude a caput ‘cabo, cabeza, extremidade’ dunha villa ‘vila’. O Campo: traduce a campus, chao amplo sen cultivar. 32. Vilar (San Martiño) Lugares de Vilar: • • Mazarelos: parece o plural de mazarelo ‘man do machaduro ou morteiro; roda de mazar o leite; mazarico’. Este derviado do latín vulgar *mattea ‘maza’, podería referirse quizais a mazadoiros/mazadeiros de liño. Redondo: procede do latín rotundusa-um, adxectivo que foi base do nome persoal Rotundus. 33.- XESTOSO 33. Xestoso (Santa María) Do latín genista orixinouse Genestoso que non é só o nome parroquial, Xestoso, senón tamén o dun lugar da freguesía. 33. Xestoso (Santa María) Lugares de Xestoso: • • • • Fontefría: sería fons frigida no baixo latín, coma o dito de Fonteboa: equivale a fons bona, dado que o masculino fons converteuse en feminino no latín serodio. Fontelas: é plural do diminutivo vulgar fontella ‘fontiña’. Reigosa: procede do adxectivo radicosus-a-um. Río: foi rivus/rius en latín.